ALTA COCIÑA

Torta rápida de castañas e chocolate

Tomamos un biscoito tipo sobao e mergullámolo en leite 10 segundos. Metémolo no microondas 10 segundos. Quentamos unhas castañas en almibre 5 segundos no microondas e colocámolas sobre o biscoito. Terminamos cunha boa salsa de chocolate ou con chocolate negro fundido, tamén no microondas.

Suxestión: moito microondas, de aí a rapidez. Para fundir o chocolate na casa é o mellor.

Para esta receita necesitas: Castañas en almibre de Cuevas Chef.

Prato elaborado por Javier González (Restaurante A Rexidora).