SORTEAMOS 4 QUEIXOS DE CABRA CON MARRON GLACÉ

Hai pouco lanzamos ao mercado un novo integrante na familia Cuevas Chef: O queixo de cabra con marron glacé. Queremos compartir este delicioso produto convosco, por iso celebramos un sorteo a través do noso perfil de Instagram, xunto con loss upermercados Plenus e Aquié, que polo momento son os únicos puntos oficiais de venda do…

GRUPO CUEVAS RECIBE CATRO INDICADORES ARDÁN

Un ano máis, Grupo Cuevas obtén novos indicadores Ardán. Nesta ocasión, Ignacio das Cuevas recibiu “Empresa Igual en xénero” e “Empresa Xeradora de Riqueza”. Doutra banda, Cuevas e Cía volve conseguir o premio de “Empresa Global” e engade un novo indicador, o de “Empresa Circular”. Estes indicadores tratan de poñer en valor a excelencia empresarial…

GRUPO CUEVAS PARTICIPA NA 25ª EDICIÓN DE XANTAR

Un ano máis, Grupo Cuevas anuncia unha nova edición do Concurso Gourmet que se celebra no marco de actividades do 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”. O obxectivo deste certame é promover o uso da castaña en todo tipo de cociñas. Tanto nas receitas máis tradicionais como naqueles pratos máis experimentais ou innovadores. No…

III FORO DA CASTAÑA EN RIÓS

O venres pasado tivo lugar a primeira xornada do III Foro dá Castaña, organizado pola Deputación de Ourense e o Inorde, en Riós. E desde Grupo Cuevas non podemos estar máis contentos co intercambio de ideas, experiencias, aprendizaxes e sinerxias propostas para o sector. Os principais temas que se trataron no Foro foron as novas…

XII CONCURSO GOURMET GRUPO CUEVAS EN XANTAR

Ábrese o prazo para participar no XII Concurso Gourmet Grupo Cuevas! Un ano máis, e coa colaboración de Expourense, anunciamos un dos concursos gourmet máis esperados da feira XANTAR, o Salón Internacional do Turismo Gastronómico, que terá lugar entre o 24 e 27 de outubro en Ourense. O XII Concurso Gourmet Grupo Cuevas centra as…

CUEVAS Y CÍA NA MESA DO SECTOR AGROALIMENTARIO, VITIVINÍCOLA E GASTRONÓMICO

O pasado mes de setembro tivo lugar unha mesa sectorial Agroalimentaria, organizada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO), na que varias empresas puideron debater sobre os principais desafíos aos que se enfrontan. Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía, foi a encargada de participar no evento, no que se trataron temas como a importancia da…

CUEVAS Y CÍA OBTÉN A IFS

Un ano máis, Cuevas y Cía revalida a certificación IFS (International Featured Standards) tras superar a auditoría con mellor puntuación que o ano anterior. Esta certificación cualifícanos como fabricante e distribuidor de alta calidade, e demostra o cumprimento dos máis altos estándares en alimentos procesados ante os nosos clientes internacionais. Ver imaxe

GRUPO CUEVAS SOBREPASA POR PRIMEIRA VEZ OS 200 MILLÓNS DE FACTURACIÓN

As dúas novas magnitudes recentemente conquistadas polo Grupo Cuevas son os 200 millóns de euros en facturación e os 800 empregos. En 2023, a compañía centenaria obtivo unha cifra de negocios récord de 206 millóns de euros, un 16,3% máis que no exercicio anterior (177,15 millóns en 2022), en plena execución dun modelo de crecemento…

SORTEAMOS 175 PARES DE CALCETÍNS POLO DÍA DA NAI

Desde hoxe e ata o 30 de abril, en todos os nosos supermercados Plenus e Aquié, poderás participar nun sorteo de 175 pares de calcetíns de “Mamá Molona”, para celebrar o día da nai! Para participar só necesitas cubrir a papeleta que che sairá co teu billete de compra, que che entregaremos en caixa con…