ALTA COCIÑA

Salmón con emulsión de castañas e curry

Salmón de castañas y curry

Facemos unha emulsión con tres partes de puré de castañas e unha de nata, sazonámola e engadimos curry ao gusto. Tomamos unha porción de salmón e cubrímola coa emulsión. Enfornámola á máxima potencia durante 7 minutos. A superficie debe quedar dourada e o peixe zumarento. Acompañámolo cunha salsa de tomate agridoce, e unhas verduras sempre ao gusto de cada un.

Suxestión: poderiamos empregar esta receita para calquera peixe, sempre sen espiñas.

Para esta receita necesitas o puré de castañas de Cuevas Chef.
Prato elaborado por Javier González (Restaurante A Rexidora).