Cociña na casa
Cociña diaria
Estas son algunhas receitas ou pequenos trucos cos que poderás conseguir un toque diferente na túa cociña cada día.
TORTA DE MAGOSTO
Picamos as castañas e cocémolas infusionando o leite. Engadimos azucre, fariña de castaña, sal, manteiga derretida, licor café, fariña de trigo, fermento e removemos. Engadimos ovos e as castañas picadas e removemos todo.
Engraxamos un molde con manteiga e fariña. Enfornamos 40 minutos a 180 graos.
Decoramos con azucre glas.
FILLOA RECHEA DE CREMA
Fariña de trigo, leite, ovo e reladura de limón para a preparación das filloas. Enchémolas con crema de marron glacé.
Empoamos con azucre glas e decoramos cunha folla de menta.
PANACOTA DE CASTAÑAS E LARANXA
Hidratamos a xelatina en auga morna. Trituramos as galletas e mesturamos con manteiga derretida.
Nun bol á parte mesturamos a nata, o leite, o azucre e a reladura de laranxa. Engadimos a xelatina derretida e o mellor: a crema de marron glacé. Mesturamos ben e deixamos que ferva.
Deixamos arrefriar na neveira catro horas.
Engadimos a reladura de laranxa e unha castaña cocida.
SOLOMBO CON GUARNICIÓN DE CASTAÑAS
Preparamos un solombo á prancha, carne de caza estufada ou ben unha ave, e cando estea lista engadimos a guarnición previamente quentada en microondas, picando a bolsa cun garfo e quentándoa a 750 W durante 2 minutos, ou ben refogándoas na propia salsa do guiso ou asado.
Para esta receita necesitas a guarnición de castañas de Cuevas Chef.
CARNE CON GUARNICIÓN DE CASTAÑAS, CIROLAS, PIÑÓNS E COGOMELOS
Abrimos unha peza de carne (tenreira, porco, capón, pavo…) neste caso solombo de porco, condimentamos e enchemos coa guarnición que estaría macerando durante 1 hora en 100 cl de viño do Porto. Para finalizar atamos a peza e asamos ao estilo tradicional.
Para esta receita necesitas a guarnición de castañas con cirolas, piñóns e cogomelos de Cuevas Chef.
XEADO CON CASTAÑAS EN ALMIBRE
Vertemos nunha copa unha bóla de xeado de manteigado ou vainilla e acompañámola dunhas castañas en almibre e un chorro do propio almibre ou viño doce.
Para esta receita necesitas as castañas en almibre de Cuevas Chef.