Ábrese o prazo para participar no XII Concurso Gourmet Grupo Cuevas!

Un ano máis, e coa colaboración de Expourense, anunciamos un dos concursos gourmet máis esperados da feira XANTAR, o Salón Internacional do Turismo Gastronómico, que terá lugar entre o 24 e 27 de outubro en Ourense.
O XII Concurso Gourmet Grupo Cuevas centra as súas bases na historia da identidade de Grupo Cuevas, buscando sempre as mellores sinerxias entre a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento e a solidez.

Como cada ano, o concurso ten como principal obxectivo promover a cociña autóctona, focalizándose especialmente na castaña como produto principal en cada un dos pratos que saiban recoller a tradición e a innovación da gastronomía galega.

Nesta edición, ademais de tradicional categoría senior, de profesionais ou afeccionados, incluímos unha gran novidade: unha nova categoría junior, na que os pequenos chefs de entre 9 e 14 anos tamén poden participar coas súas creacións culinarias. En ambas as categorías o único requisito para a receita é a utilización de polo menos un produto de Cuevas e Cía.

Se xa tes algunha receita en mente… Apúntache xa! Podes enviarnos a túa proposta ata o 18 de outubro á 13:30h.
Ver imaxe

Consultar bases legais