Un ano máis, Grupo Cuevas anuncia unha nova edición do Concurso Gourmet que se celebra no marco de actividades do 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”.
O obxectivo deste certame é promover o uso da castaña en todo tipo de cociñas. Tanto nas receitas máis tradicionais como naqueles pratos máis experimentais ou innovadores. No seu firme propósito por adquirir uns hábitos de vida e de alimentación saudable, Grupo Cuevas impulsa esta iniciativa culinaria que convoca a cociñeiras e cociñeiros para que nos mostren as súas propostas gastronómicas nas que fagan a súa propia interpretación da castaña.
Durante o Salón Gastronómico, os participantes do Concurso Gourmet mostrarannos receitas que fan que a cociña sexa o seu modo de vida. Gozaremos de varios showcooking de pratos caseiros, receitas innovadoras e propostas experimentais e pioneiras. Non hai límites!
A aula Gastronómica de Grupo Cuevas é un espazo aberto a profesioales no que se celebrarán tanto un showcooking de categoría senior como un de categoría junior. Aos fogóns uniránselle diferentes degustacións, talleres e conferencias que propoñerán aos visitantes un achegamento a cada recuncho da cociña, desde diferentes ópticas e enfoques.
A aula Gastronómica de Grupo Cuevas sitúase nos accesos ao salón cun lugar preferente, xunto á entrada principal, que permite máis extensión e máis espazo para gozar das actividades programadas.
Por último, este ano Cuevas e Cía presentará o venres 25 de 19.30h a 20.30h o novo produto da liña de Cuevas Chef “Queixo de cabra con marron glacé”. Un exquisito queixo que o chef Pablo Vila de Cociñeiros de Lugo, encargarase de preparar nunha proposta gastronómica variada, con prato frío, quente e doce.
Para coñecer todo o programa de actividades que se desenvolverán durante as xornadas do Salón Gastronómico, fai click na seguinte ligazón:
Ver imaxe