O pasado mes de setembro tivo lugar unha mesa sectorial Agroalimentaria, organizada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO), na que varias empresas puideron debater sobre os principais desafíos aos que se enfrontan. Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía, foi a encargada de participar no evento, no que se trataron temas como a importancia da profesionalización e a dixitalización do sector, ademais da necesidade de fomentar a substitución xeracional e o emprendemento para adaptarse ás novas demandas de consumo, que van cambiando co paso dos anos.
O encontro, denominado “Retos e solucións para un territorio intelixente”, forma parte do evento ULTREIA OURENSE, unha iniciativa crave para dinamizar o ecosistema emprendedor galego, impulsada pola Xunta de Galicia e a CEO, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.
Foi unha xornada moi enriquecedora, que nos impulsa a seguir mellorando e enfrontando os retos do sector con visión de futuro.
Ver imaxe