Grupo Cuevas alcanza a décima edición do Concurso Gourmet que se celebra no marco de actividades do 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar” e que vira ao redor dalgunhas das máximas que construíron a identidade de Grupo Cuevas ao longo da súa historia: a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento, a alimentación sa e o seu firme compromiso co territorio e os produtos autóctonos.
Na súa misión por reivindicar hábitos de vida e de alimentación saudable, e de seguir interpretando a castaña nos fogóns, Grupo Cuevas impulsa esta iniciativa culinaria que convoca a cociñeiros tanto do ámbito profesional como do semi profesional e do colectivo afeccionado.
Todas as propostas gastronómicas oriéntanse á promoción da cociña autóctona a través dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade, transformándoas en pratos tradicionais ou innovadores baixo un denominador común: o uso e interpretación da castaña nas súas diversas formas. Como novidade, este ano o concurso incorpora a premisa de cociñar con ingredientes de Cuevas. Castañas ao natural, crema de marron glacé, guarnición de castañas… Na imaxinación dos concursantes estará o límite.
Durante o salón gastronómico poderemos degustar?receitas?de participantes que?fan da cociña o seu modo de vida profesional. Tamén haberá espazo para todas aquelas?iniciativas que, sen pertencer ao ámbito profesional, proceden?de?ámbitos?ligados á gastronomía ou teñen formación entre fogóns. E finalmente, na sección afeccionados, gozaremos de pratos caseiros e de ideas que?poderían?formar?parte do menú?dunha familia.??
Un espazo para a expresión culinaria: Aula Gastronómica Grupo Cuevas
Un espazo no que experimentar, degustar e tamén no que aprender sobre alimentación equilibrada e diversa. Este é o espazo aberto a profesionais que propón Grupo Cuevas nesta edición de Xantar no que terán lugar diferentes showcookings, degustacións, talleres e conferencias que propoñerán ao visitante un achegamento non só á cociña de diferentes países convidados ao salón, senón tamén á cociña galega desde a óptica máis tradicional á máis innovadora. Nesta aula desenvolveranse tamén os pases de demostración en directo das receitas seleccionadas como finalistas polo xurado do X Concurso Gourmet Grupo Cuevas.
Os gañadores desta edición poderán gozar de premios en forma de vales de compra que poderán trocar nos centro cash and carry, Cuevas Cash no caso de profesionais, e na rede de supermercados “Gústame ir ao súper” formada polas marcas: Plenus e Aquié para a categoría de afeccionados.
Nesta edición, a aula Gastronómica de Grupo Cuevas situarase de novo nos accesos ao salón cun lugar preferente, xunto á entrada principal, que permite máis extensión e máis espazo para gozar das actividades programadas.
Finalmente, a nosa castaña, a de Cuevas e cía formará parte este ano da proposta gastronómica do restaurante do INORDE que dará ese toque diferente aos pratos que degustaremos nesta edición.
Ver imaxe