A que sabe a alma de bosque?

CUEVAS MARRON GLACÉ

Unha experiencia sensorial inesquecible

A que sabe a alma de bosque? É a pregunta á que lle podemos dar resposta desde hai máis de 50 anos. Non se trata dunha resposta escrita, contada, nin tan sequera representada.

O certo é que unicamente degustando este delicioso manxar, froito do esmero e a dedicación, é posible atopar unha resposta a esta experiencia puramente sensorial.

TENDA EN LIÑA

O sabor único dunha castaña gourmet

Destápao e atopa diferentes presentacións das máis nobres castañas galegas confeitadas nos sabores máis exquisitos. Da variedade e o calibre esixido, cunha forma perfecta e un sabor inconfundible.

Cuevas Chef

Leva un halo de maxia aos teus pratos

Un prato tradicional ou de vangarda esperta cun acompañante como a nosa guarnición de castañas, cirolas, piñóns e cogomelos. Que queres darlle un toque especial ao xeado de vainilla que vas servir na sobremesa? Proba a engadirlle unhas castañas en almibre ou unha crema de marron glacé.

Cuevas Chef leva os teus pratos a outro nivel.

Solomillo con castañas

TENDA EN LIÑA

Os imprescindibles na túa cociña

Cuevas Chef traballa para ti, para que poidas dedicarte ao importante sen renunciar a uns resultados espectaculares nos teus pratos. Temos diferentes propostas para elevar as túas receitas cunha gama de produtos nutritivos e saudables.

cuevas horeca

A solución profesional para grandes xefes de cociña

Traballas con castañas nos teus pratos? Tiveches unha nova idea para aplicala dun modo diferente e innovador? Descubriches o produto e a súa versatilidade e queres incorporalo ás túas receitas? Es máis de cociña tradicional ou gústache innovar nos teus pratos?

Comercializamos unha ampla gama de produtos cuxa base é a castaña e con formatos especiais pensados para as cociñas.

Canal Horeca Castañas

DISTRIBUIDORES INTERNACIONAIS

Ao redor do mundo

O noso doce máis selecto chega a máis de 30 países de todo o mundo. Se es un distribuidor profesional e estás interesado en introducir a nosa gama de produtos no teu país, contacta con nós e asesorarémoste.

JORDI ROCA

CUEVAS NA ALTA COCIÑA

Nos fogóns
dos mellores cociñeiros

O noso doce máis selecto chega a máis de 30 países de todo o mundo. Se es un distribuidor profesional e estás interesado en introducir a nosa gama de produtos no teu país, contacta con nós e asesorarémoste.

CAIXAS AGASALLO

Regala o sabor da alma de bosque

Queres compartir todo o sabor que encerra o noso doce máis selecto? Prefires sorprender os que senten a cociña como o seu primeiro fogar? Necesitas deixar pegada cun agasallo diferente e que asolague os sentidos? Nós dámosche algunhas ideas.

A Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), apoia a realización dun proxecto da empresa CUEVAS Y COMPAÑÍA S.A. consistente na MELLORA DA TECNOLOXÍA DO PROCESO PRODUTIVO E DA XESTIÓN DE DATOS, cun investimento de 62.550,51 euros, para o que se lle concedeu unha axuda pública total de 18.765,15 euros (o 60% financiado con fondos da Unión Europea a través do Feader).